Música do programa Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias. Radio Kalimero, 108.5, Compostela, venres 23:00-24:00 h

31.5.06

SDQ10. Música experimentGal


Mérgullámonos nas propostas máis arriscadas da música galega en galego e mp3. Dende Reixa a Berio Molina, na procura deste vinilo de que a NASA é particularmente amiga de o roubar, por galego, en galego e por raro. Vamos, que as ten todas:

CARA A
1. A vaca de Heidegger – Os Resentidos
2. Aeróbic Torpeza – Nación Reixa
3. Gústanme os teus ollos – Korosi (Cordura)
4. Podedes ir todos á merda – Manuel Seixas (A velocidade do frío)
5. Feira – Manuel Seixas (Presentimento)
6. No puto aquí – Manuel Seixas Neuroband

CARA B
1. A cociñeira que soamente cocinaba ovos cocidos – Elviscristo Furious Machine
2. Nova orde – Narf
3. SOS – Fanny e Alexander
4. Soños – Fanny e Alexander
5. Regueifaun – Berio & Is
6. Regueifadous – Is & Berio
7. Zoupada – Berio Molina (Fola) (deconstrución da gaita de Zappa-Hot Rats-Little Umbrella’s)

Até aquí o cómputo libre en mp3 da música galega máis experimental.

SDQ9. Reixentidos


Neste 9.º programa fomos de entendidos en Reixa e os Resentidos, de reixentidos, e homenaxeamos ós pais da música galega (pirateable en galego e rock, cada vez cústame máis isto de asaltar os buscadores con palabras clave). De feito, foi a primeira colaboración da nosa crítica literaria persoal, Ana Salgado, que está a preparar un especial coas cancións da música galega (pirateable e en galego, e dálle) con máis calidade literaria.

CARA A
1. A vaca de Heidegger
2. Galicia Caníbal
3. Pandeirada
4. Cumbia China
5. Estamos en Guerra

BONUS TRACK
Aeróbic tropeza - Nación Reixa

CARA B
1. Galicia Sitio Distinto
2. Jei
3. A-Esfínter
4. Sector Naval
5. Rockin’ Chair

Pois esta foi a nosa homenaxe ó Jalifa Reixa, que problablemente repitamos, agora que temos medios, para subila en podcast e que así a poidades escoitar todos/as.

SDQ6. Os máis millores

Neste programa rescatamos o vinilo dos Greatest Hits da música en galego (da pirateable, por suposto), que a NASA nos chimpara, e que nos doeu especialmente, porque na Cara A estaban os que máis me prestaban a min, e na cara B os que máis lle prestaban á Lara:

CARA A: Leo
1. Ai, ondas que eu vin veer – Martín Códax+Laterna Magica
2. Vals de Belén – Camaxe
3. Galicia Caníbal – Os Resentidos
4. Sangue de Sudre – Fodi e Barbaconna
5. Xenreira – SOKRAM
6. Desaparece – The Homens

CARA B: Lara
7. Reage dos Mariñeiros – Lamatumbá
8. Contra o noso – Dios ke te Crew
9. Kastrapo Paghuer! – O Leo i Arremecághona!!!
10. Só son sons – Presencia Zero
11. Na miña casa non manda ninguén – Ruxe Ruxe
12. Un amor no mar – Camaxe

E despois de botarbos os nosos "chichís" da música en galego (pirateable), temos tamén que dicir que é curioso que o noso amor é igual para todos os emepegués, e que só podiamos escoller 12 dos xa ¡¡¡máis de 700 Megas de mp3 que hai nesta páxina!!! Superada a fronteira psicolóxica do CD. Agora imos a pola do reprodutor: 1 Xiga.

25.5.06

SDQ5. mpG para todos os gustos

Abandonamos momentaneamente a nosa teima pola dualidade coa Cara A e a Cara B do noso vinilo-programa e pasámonos á multiplicidade total, á modernidade máis derridiana, para demostrarmos que en galego hoxe pódese escoitar calquera tipo de estilo musical, mp3 en galego para todos os gustos:

Pop
Fanny e Alexander – SOS

Canción de autor

Roberto Sobrado – Pan e circo

Patchanka
Lamatumbá – Reagge dos mariñeiros

Antiga
Afonso X – Como poden per sas culpas

Power Pop
The Homens – Desaparece

Funk
Loretta Martin – Catarsis

Tradicional
Camaxe – Vals de Belén

Hard-core
Madame Germen – O mecanismo do medo

Rock
Zenzar – Podes ser ti

Punk
Puta Miseria – Destroyer

Trip-hop
Safari Orquestra – Teño saudade

Hip-Hop
Ghamberros – Estranxeiros

Mi má, canta fartura!

SDQ4. O universo aseméllaselle un mundo a Galiza

Desta volta rescatamos o vinilo das cancións en mp3 en galego con proxección internacional, dunha ou doutra maneira. Isto si que lle houbo de foder ben á NASA, que se cre a ama do mundo, e nós levamos exportando música dende os tempos de Martín Códax, cando a súa terra (da Nasa) nin sequera era súa.

CARA A: Ondas do mar de Vigo

1. Ai, ondas que eu vin veer – Laterna Magica
2. Como poden per sas culpas – Afonso X
3. En Río de Janeiro – Andrés do Barro
4. Miña Terra – Andee Silver
5. Fai un sol de carallo – Resentidos
5. Ultrabiónicos – Non residentz
6. Os pesos & M Cristal – Camaxe

CARA B: Vigo-Nova York

1. Quero ser tambor – Narf
2. Leverelem – Marful
3. Edu o Rápido - Samesugas
4. Ke non pare o bou – Vicent Jalo
5. Sempre Ceibes – Skacha
6. Berbés - Cenk

Tamén lemos o himno galego en inglés, que o tedes aquí, e a letra de Rockin' Chair, de Reixa, a única canción do mundo que estando en inglés está en galego.

SDQ3. Luv & Hat

Este vinilo que nos roubou a Nasa, que o recuperamos no 3.º programa Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias (se non o descobres, non o recuperamos), trata sobre o Eros e o Thanathos, o impulso do amor e o da morte, as dúas caras desa dualidade que nós reivindicamos coa Cara A e a Cara B do noso programa.

CARA A: Odio

1. Xenreira – SOKRAM
2. Cando morra o vello – Ruxe Ruxe
3. Desaparece – The Homens
4. Sangue de Sudre – Fodi & Barbaconna
5. O mecanismo do medo – MadamGermen
6. Miseria Mundial – Farrapo de Ghaitax
7. Destroyer – Puta Miseria

CARA B: Amor

8. Amor e non acrobacias – The Homens
9. Mil anacos dun amor – Fanny & Alexander
10. Teño saudade – Andee Silver
11. Teño saudade – Safari Orquestra
12. Un amor no mar – Camaxe
13. Ai ondas que eu vin veer – Laterna Magica
14. Amor ei – Codas+Laterna Magica

Pois nada, isto foi a nosa versión dos sonados oito cotenos, de Spike Lee (Fai o que debas), do Cabo do Medo, dos Blues Brothers e, como non, do actor secundario Bob, dos Simpson, que lle dá o título a este disco, porque só ten 6 cotenos (3 por man).

2.5.06

SDQ8. Galiza lusôfona

Este, regressando da celebração do 25 de abril, da Revolução dos cravos, foi o vinilo que os muito filhos da puta da Nasa nos quisseram pispar con motivo dela. Mas bem atentes que estevemos e velaquí tá o recompilatorio de grupos da Galiza que escrevem e/ou cantam suas composições empregando alguma das opções normativas que achegam o galego com o portugês:

CARA A: Hoje
1. Noutro lugar - Loretta Martin
2. Meu pirinho - Marful
3. Quero ser tambor - Narf
4. Bosta - Non Residentz
5. Baixo os eucaliptos - Projecto Mourente
6. Mais heterossexual (que os heterossexuais) - Projecto Mourente

CARA B: Sempre
1. Ai, ondas que eu vi veer - Martim Codax-Laterna Magica
2. Como podem per sas culpas - Afonso X
3. Leverelem - Marful
4. Catarsis - Loretta Martin
5. Kevin Costner - Non Residentz
6. Que me enterrem na discoteca - Projecto Mourente

E assim ê tudo. Nôs também queremos dizer que apoiamos a variedade das distintas normativas do galego-português, porque gostamos precissamente disso, da variedade, e também achamos que o problema normativo é o mais pequeno dos que padesce a nossa língua na Galiza.

Até.

SDQ7. O rap en Galiza

Velaquí o recompilatorio de rap en galego -ou de hip-hop en galego- que nos ghispou a NASA e que rescatamos nas ondas o venres 21 de abril, de 23:00 a 00:00, coma sempre:

CARA A: Historia do rap en galego
1. intro - Dios ke te Crew
2. Galicia Caníbal - Os Resentidos
3. Noites de festa - 5 talegos
4. Estranxeiros - Dios ke te Crew
5. Xenreira - SOKRAM
6. Ke non Pare - Dios ke te Crew

CARA B: TeMazo
1. dentro - Lord Keison
2. Tempo - Iron Mon con Gael
3. Bosta - Fodi e Barbaconna
4. Home máquina - Caldeirada co Hevi
5. Kevin Costner - Non Residentz
6. Sangue de Sudre Remix - Fodi e Barbaconna

Aquí vos foi un panorama xeitoso do rap (parte do hip-hop) en galego. Seguiremos subindo máis discos de música en galego e pinchándoos en Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias, tamén chamado Sedescóbresque, na Radio Kalimera, 108.5 do dial compostelán.

Deica