Música do programa Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias. Radio Kalimero, 108.5, Compostela, venres 23:00-24:00 h

25.5.06

SDQ3. Luv & Hat

Este vinilo que nos roubou a Nasa, que o recuperamos no 3.º programa Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias (se non o descobres, non o recuperamos), trata sobre o Eros e o Thanathos, o impulso do amor e o da morte, as dúas caras desa dualidade que nós reivindicamos coa Cara A e a Cara B do noso programa.

CARA A: Odio

1. Xenreira – SOKRAM
2. Cando morra o vello – Ruxe Ruxe
3. Desaparece – The Homens
4. Sangue de Sudre – Fodi & Barbaconna
5. O mecanismo do medo – MadamGermen
6. Miseria Mundial – Farrapo de Ghaitax
7. Destroyer – Puta Miseria

CARA B: Amor

8. Amor e non acrobacias – The Homens
9. Mil anacos dun amor – Fanny & Alexander
10. Teño saudade – Andee Silver
11. Teño saudade – Safari Orquestra
12. Un amor no mar – Camaxe
13. Ai ondas que eu vin veer – Laterna Magica
14. Amor ei – Codas+Laterna Magica

Pois nada, isto foi a nosa versión dos sonados oito cotenos, de Spike Lee (Fai o que debas), do Cabo do Medo, dos Blues Brothers e, como non, do actor secundario Bob, dos Simpson, que lle dá o título a este disco, porque só ten 6 cotenos (3 por man).