Música do programa Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias. Radio Kalimero, 108.5, Compostela, venres 23:00-24:00 h

24.10.06

Alvízaras! 3.º castpost: Canción de verán

Por fin, e tras unha dura loita cos soportes gratuítos, que nos fixeron pensar até en coller un dominio de noso, cousa que ao final imos ter que facer, velaquí o foquin (dise en Ribeira) podcast.

Programa 14. Canción de verán

Powered by Castpost

Mentres non teñamos dominio os programas van convivir xuntos dúas semanas namais, porque castpost só permite subir 100 Megas, e o mp3 que temos grava "demasiado" ben. Vimos de mercar outro, e a ver se grava un chisco peor e os programas poden botar na Rede máis tempo.

Unha aperta a todos/as os/as que tivestes a pacencia de agardar por este castpost.

13.10.06

Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias

Pois si, o noso programiña de radio xa superou en capítulos a'Os Novos, o que non quere dicir nada, máis ben que é unha mágoa que a BBC non lles desen máis cheda a Rick Mayall e os seus compinches. Imos a polo programa 15, esta noite, venres-sexta feira de 23:00 a 24:00, e estreamos versión web. A partir de agora podedes estar ao tanto da cultura dos emepegués, da música pirateable en galego e algunha achega doutras artes, en emepegues.blogaliza.org.


Por certo que, a partir da semana que vén, a emisión en directo, en Radio Kalimero, radio libre de Compostela, será de 22:30 a 23:30, media horiña antes que, coma sempre, seguro se ha converter en media horiña máis.

11.10.06

SDQ14: A Canción do Verán. 3.º podcast

E aquí estamos. Agradecendo a insistencia, que nos matén coas pilas postas, de brangz, facémoslle caso. O terceiro disco de cumbias, de música galega en galego e de balde, non só rescatado, senón podcasteado no noso programa Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias, xa está aquí. Para descargardes e escoitardes o programa tendes que ir aquí, o boletín de novas dos emepegués que vimos de estrear, na Blogaliza. Este novo vinilo rescatado vai da canción do verán, ese concepto.
Cara A:
1. In the ocean - Pulpiño Viascón
2. Kalindra Xida - Banda Potemkin
3. A Ruta do Colesterol - Banda da Señorita e Tomasa
4. Sandra Dee - The Homens
5. A das festas - Guezos
6. Como os caranguejos - Projecto Mourente
Cara B:
1. Kingston-Santiago - Transilvanians
2. O neno tesoira - Rumborrachera
3. Miña mulata - As perlas sureñas
4. Jran Sol - Masando Pulpos
5. O iogur de fresa - Marquiños Drinkin'
6. O neno petaca - Galegoz
Pois estas foron as cántigas máis destacadas segundo a votación popular e a privada no Apologhit, unha iniciativa de creación e difusión de música libre en galego que dende aquí apoiamos con toda a alma.