Música do programa Se descobres que a Nasa che rouba os discos de cumbias. Radio Kalimero, 108.5, Compostela, venres 23:00-24:00 h

24.10.06

Alvízaras! 3.º castpost: Canción de verán

Por fin, e tras unha dura loita cos soportes gratuítos, que nos fixeron pensar até en coller un dominio de noso, cousa que ao final imos ter que facer, velaquí o foquin (dise en Ribeira) podcast.

Programa 14. Canción de verán

Powered by Castpost

Mentres non teñamos dominio os programas van convivir xuntos dúas semanas namais, porque castpost só permite subir 100 Megas, e o mp3 que temos grava "demasiado" ben. Vimos de mercar outro, e a ver se grava un chisco peor e os programas poden botar na Rede máis tempo.

Unha aperta a todos/as os/as que tivestes a pacencia de agardar por este castpost.

13.10.06

Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias

Pois si, o noso programiña de radio xa superou en capítulos a'Os Novos, o que non quere dicir nada, máis ben que é unha mágoa que a BBC non lles desen máis cheda a Rick Mayall e os seus compinches. Imos a polo programa 15, esta noite, venres-sexta feira de 23:00 a 24:00, e estreamos versión web. A partir de agora podedes estar ao tanto da cultura dos emepegués, da música pirateable en galego e algunha achega doutras artes, en emepegues.blogaliza.org.


Por certo que, a partir da semana que vén, a emisión en directo, en Radio Kalimero, radio libre de Compostela, será de 22:30 a 23:30, media horiña antes que, coma sempre, seguro se ha converter en media horiña máis.

11.10.06

SDQ14: A Canción do Verán. 3.º podcast

E aquí estamos. Agradecendo a insistencia, que nos matén coas pilas postas, de brangz, facémoslle caso. O terceiro disco de cumbias, de música galega en galego e de balde, non só rescatado, senón podcasteado no noso programa Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias, xa está aquí. Para descargardes e escoitardes o programa tendes que ir aquí, o boletín de novas dos emepegués que vimos de estrear, na Blogaliza. Este novo vinilo rescatado vai da canción do verán, ese concepto.
Cara A:
1. In the ocean - Pulpiño Viascón
2. Kalindra Xida - Banda Potemkin
3. A Ruta do Colesterol - Banda da Señorita e Tomasa
4. Sandra Dee - The Homens
5. A das festas - Guezos
6. Como os caranguejos - Projecto Mourente
Cara B:
1. Kingston-Santiago - Transilvanians
2. O neno tesoira - Rumborrachera
3. Miña mulata - As perlas sureñas
4. Jran Sol - Masando Pulpos
5. O iogur de fresa - Marquiños Drinkin'
6. O neno petaca - Galegoz
Pois estas foron as cántigas máis destacadas segundo a votación popular e a privada no Apologhit, unha iniciativa de creación e difusión de música libre en galego que dende aquí apoiamos con toda a alma.

12.6.06

SDQ13: Disco de Cumbias. 2.º castpost

Pois, por fin, o programa Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias (se non o descobres, non) recuperou o vinilo menos metonímico de todos, o das cumbias xustamente. É dicir, a música de fusión galego-caribe, coma traído polo Santa Liberdade, o barco que traía e levaba xentes e ideas e músicas entre Vigo e Caracas. Música en galego do Caribe.


Powered by Castpost

Cara A
1. Cumbia china - Os Resentidos
2. Selección Ska - Xenreira
3. Bella Ciao - Festicultores
4. Watercumbia - Lamatumbá
5. Santa Liberdade - Os Tres Trebóns e O Vendaval do Rosal
6. Terra a dentro - Guezos

BONUS TRACK: Galicia-Brasil 1 e Galicia-Brasil 2, de Manu Chao, Viña e Mercedes Peón

Cara B
1. Tumbao - Os Resentidos
2. Celtas - Kogito
3. Leven_o labrego - Festicultores
4. Reagge dos Mariñeiros - Lamatumbá
5. Foucellas - Os Tres Trebóns e O Vendaval do Rosal
6. Kalindra Xida - Banda Potemkim

E rescatado foi, no noso programa número 13 de mp3 en galego. O do mal número non se viu por ningures. É o mellor gravado ata a data e xa empezo a acreditar na superstición da Lara: o 13 dá boa sorte.

5.6.06

SDQ12. Audio Visual. 1.º castpost de Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias!!!

Isto xa non ten nome: a nasa marchounos tamén coas fitas de vídeo VHS! Nós aí a gardar nelas, eses tesouros de carautos dos/as nosos/as músicos/as, neses video-clips en galego ás veces tan "faino ti mesmo", aínda que outras co apoio da tele e todo. Menos val que coa axuda de You Tube, d'A Regueifa e doutras plataformas podemos tamén recuperar os nosos vídeos en galego, o noso Audio Visual:


CARA A: Leo
1. Galicia Sitio Distinto – Os Resentidos
2. Nazis Non (vídeo) /Chupapollas (mpG) – Puta Miseria
3. Non podo máis – The Homens
4. Íscalle Lura (vídeo) /Huele a Cona, Baby (mpG) – Heredeiros da Crus
5. Fodi e Barbaconna – Sangue de Sudre
6. Galician Chimpace – Galegoz

BONUS TRACK: Galicia Caníbal en inglés (It's so fuckin' sunny) e en Euskera (Kriston Eguzkian Dago)

CARA B: Lara
7. Economía Sumerxida – Os Resentidos
8. Prestige Blues – Víctor Aneiros Band
9. Suspiros de Kaña – O Leo i Arremecághona!!!
10. Noutro Lugar – Loretta Martín
11. Lene – Fanny & Alexander
12. O niño do sol (vídeo) /Canto de Cego de Mondoñedo (mpG) – Milladoiro

E, sobre todo, tachán-tachán, podemos anunciar que o programa 12, por fin, inaugura a versión dixital de Se descobres que a NASA che rouba os discos de cumbias, que a partir de hoxe, e aínda que punki mazo e coas limitacións técnicas e artísticas que saltan á orella, o noso programiña de radio Kalimero vaise poder escoitar en calquera parte do mundo (en que haba ordenatas e conexión á Rede, claro). E amais, amais, podedes descargalo e escoitalo nos vosos equipos ou reprodutores de mp3 (ou mpG), que é .wav . Aí vos vai!!!:


sdq12audio_visual.wav
Powered by Castpost

3.6.06

SDQ11. A festa da lingua

Recuperando o Día das Letras e entrando nas Festas da Ascensión, rescatamos un vinilo duplo, cunha Cara A dedicada ás cántigas que tratan directamente o tema da lingua e a Cara B a temas de música festeira en xeral, ou sexa, auténtica música galega en mp3 de festa e lingua.

CARA A: Lingua
1. Himno do Correlingua
2. Kastrapo Paghuer-Arremecághona
3. Só com falar-Projecto Mourente
4. O son da lingua-Resentidos
5. Rockin’ Chair-Resentidos
6. Contra o noso-Dios ke te Crew

CARA B: Festa
1. Muiñeira de Chantada-Avelino Cachafeiro/Cluan (Austin-Texas)
2. Ponteareas-Reveriano Soutullo/Guláns
3. Andrés do Barro-Panorama
4. GZ-Soniko dB
5. Galicia será Nación-Edilberto Alonso
6. Que me enterrem na discoteca-Projecto Mourente

E así, co aire tirado e de ghanchete, marchamos botarlle unhas pezas pola noite adiante, torreiro da festa incluído.

31.5.06

SDQ10. Música experimentGal


Mérgullámonos nas propostas máis arriscadas da música galega en galego e mp3. Dende Reixa a Berio Molina, na procura deste vinilo de que a NASA é particularmente amiga de o roubar, por galego, en galego e por raro. Vamos, que as ten todas:

CARA A
1. A vaca de Heidegger – Os Resentidos
2. Aeróbic Torpeza – Nación Reixa
3. Gústanme os teus ollos – Korosi (Cordura)
4. Podedes ir todos á merda – Manuel Seixas (A velocidade do frío)
5. Feira – Manuel Seixas (Presentimento)
6. No puto aquí – Manuel Seixas Neuroband

CARA B
1. A cociñeira que soamente cocinaba ovos cocidos – Elviscristo Furious Machine
2. Nova orde – Narf
3. SOS – Fanny e Alexander
4. Soños – Fanny e Alexander
5. Regueifaun – Berio & Is
6. Regueifadous – Is & Berio
7. Zoupada – Berio Molina (Fola) (deconstrución da gaita de Zappa-Hot Rats-Little Umbrella’s)

Até aquí o cómputo libre en mp3 da música galega máis experimental.

SDQ9. Reixentidos


Neste 9.º programa fomos de entendidos en Reixa e os Resentidos, de reixentidos, e homenaxeamos ós pais da música galega (pirateable en galego e rock, cada vez cústame máis isto de asaltar os buscadores con palabras clave). De feito, foi a primeira colaboración da nosa crítica literaria persoal, Ana Salgado, que está a preparar un especial coas cancións da música galega (pirateable e en galego, e dálle) con máis calidade literaria.

CARA A
1. A vaca de Heidegger
2. Galicia Caníbal
3. Pandeirada
4. Cumbia China
5. Estamos en Guerra

BONUS TRACK
Aeróbic tropeza - Nación Reixa

CARA B
1. Galicia Sitio Distinto
2. Jei
3. A-Esfínter
4. Sector Naval
5. Rockin’ Chair

Pois esta foi a nosa homenaxe ó Jalifa Reixa, que problablemente repitamos, agora que temos medios, para subila en podcast e que así a poidades escoitar todos/as.

SDQ6. Os máis millores

Neste programa rescatamos o vinilo dos Greatest Hits da música en galego (da pirateable, por suposto), que a NASA nos chimpara, e que nos doeu especialmente, porque na Cara A estaban os que máis me prestaban a min, e na cara B os que máis lle prestaban á Lara:

CARA A: Leo
1. Ai, ondas que eu vin veer – Martín Códax+Laterna Magica
2. Vals de Belén – Camaxe
3. Galicia Caníbal – Os Resentidos
4. Sangue de Sudre – Fodi e Barbaconna
5. Xenreira – SOKRAM
6. Desaparece – The Homens

CARA B: Lara
7. Reage dos Mariñeiros – Lamatumbá
8. Contra o noso – Dios ke te Crew
9. Kastrapo Paghuer! – O Leo i Arremecághona!!!
10. Só son sons – Presencia Zero
11. Na miña casa non manda ninguén – Ruxe Ruxe
12. Un amor no mar – Camaxe

E despois de botarbos os nosos "chichís" da música en galego (pirateable), temos tamén que dicir que é curioso que o noso amor é igual para todos os emepegués, e que só podiamos escoller 12 dos xa ¡¡¡máis de 700 Megas de mp3 que hai nesta páxina!!! Superada a fronteira psicolóxica do CD. Agora imos a pola do reprodutor: 1 Xiga.